Páginas

viernes, 25 de junio de 2010

28 de xuño: Solidariedade con Honduras

O COSAL Coruña está a organizar xunto a outras organizacións sociais actos de solidariedade co pobo Hondureño con motivo do aniversario do golpe neste país o próximo 28 de xuño.
Gustaríanos contar coa vosa presenza na estrea deste documental que se presentará tamén o día 28 en Honduras.

PROXECCIÓN E COLOQUIO DO DOCUMENTAL
¿QUIEN DIJO MIEDO?: Honduras de un golpe
Coa participación de Francesca Randazzo, integrante da resistencia hondureña
Lun 28 de xuño, ás 19:30 horas, Galería Sargadelos, Rúa Real 56. A Coruña

martes, 1 de junio de 2010

O COSAL Coruña con Palestina

Galiza por Palestina convoca hoxe, 1º de xuño, ás 20'30 horas, en toda Galicia, concentracións de protesta contra o ataque asasino que os sionistas perpetraron contra os barcos que transportaban axuda humanitaria para Gaza. Abertas a todos aqueles que condenen a barbarie israelí e queran esixir medidas contundentes contra os asasinos, as concentracións realizaranse diante da casa do concello de cada vila, salvo naqueles ligares onde exista unha convocatoria unitaria previa. As convocatorias ata o momento son:
A Coruña: No Obelisco.
Santiago de Compostela: Praza do Toural.
Ferrol: Diante do edificio da Xunta de Galicia.
Pontevedra: Praza da Peregrina.
Vigo: No MARCO.
Lugo: Praza Maior.
Por favor, acudide e difundideo. Atte.: Galiza por Palestina.